Miguel de Zárraga

escritor e xornalista español

Miguel de Zárraga Hernández, nado en Madrid o 14 de abril de 1883, e finado en Hollywood (Os Ánxeles) o 26 de decembro de 1941, foi un escritor e xornalista español.

Infotaula de personaMiguel de Zárraga

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de abril de 1883 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de decembro de 1941 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Hollywood, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , xornalista , director de cinema Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0959178 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou na Universidade de Madrid e despois traballou como xornalista, sendo redactor de España e El Diario Universal. Instalouse en Vigo en 1908, onde foi redactor de Faro de Vigo, dirixiu Letras y Deportes e estreou varias obras de teatro[1]. En 1910 marchou a Cuba para ser redactor do periódico El Triunfo[2]. Posteriormente foi aos Estados Unidos como correspondente de ABC e desempeñou a representación da Sociedade Xeral de Autores de España e doutras entidades literarias. Publicou reportaxes na prensa de Nova York, Londres, París e de países de fala hispana. Dende 1927 impartiu cursos na Universidade de Middlebury (Vermont), na rama española de produción escénica, e recibiu en 1929 un título honorífico de Master of Arts. Marchou aos Ánxeles en 1930 e traballou nos estudios MGM e Fox escribindo guións e argumentos orixinais a partir de adaptacións de diálogos ao castelán para a filmación de versións españolas e dobraxes; supervisou rodaxes e foi director de diálogos. En 1936 substituíu a René Borgia como xefe do departamento de publicidade estranxeira de Columbia Pictures, e interveu como asesor en When You're in Love (1937) e Only Angels Have Wings (1939).

Obras editar

Teatro editar

  • Muñeca, 1901.
  • Gérmenes malditos, 1903.
  • Eva, 1906.
  • El compañero de viaje, 1907.
  • La moral de lo inmoral, 1908.
  • El coto real, 1910.
  • El germen, 1910.

Novela editar

  • Pasión de amor, 1900.

Vida persoal editar

Casou coa xornalista Elena de la Torre, e foi pai de Miguel de Zárraga de la Torre (1908-1971).

Notas editar

  1. Vida Gallega, 6-1909, p. 29.
  2. El Avisador Numantino, 27-8- 1910, p. 2.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar