Miguel Fernández Lema

xornalista galego

Miguel Fernández Lema, nado en 1872 e finado en Vigo en decembro de 1946, foi un xornalista e político galego.

Modelo:BiografíaMiguel Fernández Lema

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1872 Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Mortedecembro de 1946 Editar o valor en Wikidata (73/74 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Vigo
1909 – 1910
← Ricardo Senra FernándezManuel Diego Santos → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
PaiMiguel Fernández Dios Editar o valor en Wikidata
IrmánsEudoro Fernández Lema Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo de Miguel Fernández Dios e de Felisa de Lema Marina (irmá de Ángel de Lema y Marina fundador do Faro de Vigo). Funcionario de Facenda. Foi director de La Concordia e Noticiero de Vigo. Foi fundador e o primeiro presidente da Asociación da Prensa de Vigo (1909),[1] deputado provincial polo distrito Vigo-Tui (1905) e alcalde de Vigo (1909-1910) e como membro do concello de Vigo, presidente, en dúas ocasións, da Caixa de Aforros Municipal de Vigo. En 1923 foi cofundador de El Pueblo Gallego sendo o seu principal accionista. Co peche de La Concordia en 1924 retirouse da vida pública viguesa. Asinou unha colaboración na revista Martín Codax en xullo de 1941.[2] Finou en Vigo en decembro de 1946.[3]

Vida persoal

editar

Casou en Vigo con Josefina Vicetto Fábregas (sobriña do escritor Benito Vicetto) en 1905.

Miguel Fernández de Lema é bisavó do poeta e historiador vigués Miguel Ángel Fernández máis coñecido polo pseudónimo de Mikel o Ferdinand.

  1. "Presidentes de la APV". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 17 de agosto de 2012. 
  2. Martín Codax, 13-7-1941, p. 36.
  3. El Pueblo Gallego, 13-12-1946, p. 2.
Predecesor:
Ricardo Senra Fernández
 
Alcalde de Vigo

1909 - 1910
Sucesor:
Manuel Diego Santos