Abrir o menú principal

Ángel de Lema Marina, nado en Vigo en 1820 e finado na mesma cidade o 9 de abril de 1884, foi un editor e impresor galego, cofundador do xornal Faro de Vigo.

Ángel de Lema Marina
Ángel de Lema y Marina (1820-1884).jpg
Nome completoÁngel de Lema y Marina
Nacemento1820.
 Vigo.
Falecemento9 de abril de 1884.
 Vigo.
NacionalidadeGalega.
OcupaciónEditor e impresor.
FillosEladio de Lema y Martín
Antonio de Lema y Martín
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Iniciou a súa actividade profesional coa edición de diversas publicacións, como o folleto Informe sobre el cólera morbo asiático (1848), de Nicolás Taboada Leal.

A partir do 3 de novembro de 1853 a súa imprenta adícase case exclusivamente á edición do Faro de Vigo, fundado polos xuristas Xosé Carbajal Pereira e José María Posada. Co tempo pasou a ser da súa propiedade, chegando a exercer como director en 1861, cargo no que foi relevado en 1881 polo seu fillo Eladio de Lema Martín (1853-1928).

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar