José María Posada

poeta e xornalista galego

José María Posada Pereira, nado en Vigo o 19 de marzo de 1817 e finado en Pontevedra o 19 de novembro de 1886, foi un poeta e xornalista galego.

Modelo:BiografíaJosé María Posada

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(gl) Xosé María Posada Pereira
(es) José María Posada Pereira Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de marzo de 1817 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de novembro de 1886 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor, poeta Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía e xornalismo de opinión Editar o valor en Wikidata
MovementoRomanticismo Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Galega Universal
Dicionario biográfico de Galicia
Historia da literatura galega contemporánea Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 4645 BNE: XX1549256 BUSC: posada-y-pereira-jose-maria-1817-1886

Traxectoria

editar

Estudou Humanidades e Teoloxía e finalmente Leis na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1845. En 1840 fundou en Santiago unha Academia Literaria e Artística que reunía o mellor do país. En 1845 fundou La Aurora de Galicia, revista de literatura, ciencias e artes, con Francisco Añón. Residiu en Madrid entre 1851 e 1852, estudando pintura.

Establecido en Vigo, creou o xornal Faro de Vigo (1852), onde apareceron a maioría dos seus escritos. Alí co pseudónimo de Don Lucas publicou crónicas burlescas, así como poemas e lendas en galego. Escribiu un libro de recordos, Un paseo de Vigo a Bayona (1866). A súa creación poética está recollida postumamente en Poesías selectas (1888), volume décimo sexto da Biblioteca Gallega de Andrés Martínez Salazar, con prólogo de José de Santiago y Gómez e biografía de Xoán Neira Cancela.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar