La Aurora de Galicia (1845)

La Aurora de Galicia foi un semanario aparecido en Santiago de Compostela en 1845.

Historia e característicasEditar

Subtitulado Periódico de Literatura, Ciencias y Artes, apareceu o 8 de maio de 1845. Fundado por José María Posada, foi dirixido por Íñigo García Jiménez nos seus tres primeiros números, quedando despois como colaborador. Contou coas colaboracións de Francisco Añón, José María Carracido, Alberto Camino, José María Gil Rey, José María Posada e Antonio María de la Iglesia. De tendencia moderada, incluía informacións sobre a industria, o comercio, a moral pública e contiña tamén páxinas de literatura. Cesou a súa publicación aos tres meses de saír.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar