Editorial Monterrey
editorial galega
(Redirección desde «Ediciones Monterrey»)
Editorial Monterrey foi unha editorial galega fundada en Vigo en 1950 por Luís Viñas Cortegoso e Xosé María Álvarez Blázquez.
Editorial Monterrey | |
---|---|
Tipo | editorial |
Data de fundación | 1950 |
Fundador(es) | Luís Viñas Cortegoso e Xosé María Álvarez Blázquez |
Sede | Vigo |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarMonterrey creouse para fomentar a edición de textos históricos en galego ou relacionados con Galicia e a publicación de nova creación literaria en lingua galega. Nos dez anos en que estivo activa (1950-1960), a editora lanzou tres coleccións distintas e un total de dezaoito títulos.
As coleccións editadas foron:
- Beatus Jacobus. Libros en castelán de temática relacionada con Galicia.
- Leixado do vento. Libros en galego.
- Frol e froito. Novas propostas da narrativa en lingua galega.
Títulos publicados
editarEn galego
editar- Roseira do teu mencer: 1949-1950, Xosé María Álvarez Blázquez, 1950
- Poesías galegas: Égloga de Belmiro e Benigno. A Alborada, Nicomedes Pastor Díaz, 1951
- Arturo Vázquez Núñez e o seu tempo, Xosé Ramón e Fernández Oxea, 1952
- O Desengano do prioiro ou O pasamento da alegría: co grande auto epilogal e xusticieiro dos féretros de Floravia, Ramón Otero Pedrayo, 1952
- Andrómenas: contos pra o pobo, Xosé Ramón e Fernández Oxea, 1953
- Cancioneiro de Monfero: (Século XIII), Xosé María Álvarez Blázquez, 1953
- Entremés famoso sobre da pesca do río Miño, Gabriel Feixoo de Arauxo, 1953
- Santo da barba dourada. Décimas ao Apostol (c. 1617), Martín Torrado, 1953
- Cancioneiriño da Virxe, 1954
- Isa folla que vai po-lo río, Augusto María Casas, 1954
- Nasce un arbore, Gonzalo R. Mourullo, 1954
- Romance do pescador peleriño, Xosé María Álvarez Blázquez, 1954
- Memorias de Tains, Gonzalo R. Mourullo, 1956
- Cantiga nova que se chama Riveira, Álvaro Cunqueiro, 1957
- Retrouso a Colón, Enrique Massó Bolivar, 1960
En castelán
editar- El buho gallego con las demás aves de España haciendo cortes, preside en ellas el águila real, como imperial señora de todas, Pedro Fernández de Castro, 1951
- Vida y viajes literarios, Martín Sarmiento, 1952
- Inéditos de Rosalía, Rosalía de Castro, 1953
- Galería de gallegos ilustres, 1956
- Noticias de arqueología gallega, Pedro Díaz Álvarez, 1958
- Teatro venatorio y coquinario gallego o sea arte de la caza. Y arte de cocina, Xosé María Castroviejo; Álvaro Cunqueiro, 1958
- La ciudad y los días: calendario histórico de Vigo, Xosé María Álvarez Blázquez, 1960
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Viejo, Breixo (2012). Sotelo Blanco, ed. "A arte de facer libros: traxectoria editorial e galeguista de Luis Viñas Cortegoso". A Trabe de Ouro (90): 275–291.
- "Edicións Monterrey". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.