Enrique Massó Bolívar
empresario e escritor galego
(Redirixido desde "Enrique Massó Bolivar")
Enrique Massó Bolívar, nado en Bueu en 1930 e finado no mesmo concello o 24 de marzo de 2015,[1] foi un empresario e escritor galego.
Enrique Massó Bolívar | |
---|---|
Nacemento | 1930 |
Bueu | |
Falecemento | 24 de marzo de 2015 |
Bueu | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | empresario e escritor |
Pai | Gaspar Massó García |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de Gaspar Massó García. Afeccionado á arqueoloxía, localizou os restos dunha antiga salazón romana na zona de Barra, na parroquia do Hío. Partidario da teoría da orixe galega de Colón, publicou Retrouso a Colón en Edicións Monterrey (1960). En 2012 doou ao Museo Massó a súa biblioteca colombina, formada por máis de 600 volumes.
NotasEditar
- ↑ "Fallece en Vigo a los 85 años Enrique Massó Bolíbar, hijo de Gaspar Massó" Faro de Vigo, 25/3/2015 (en castelán).
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- "Massó Bolíbar, Enrique". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.