Xosé María Castroviejo
Xosé María Castroviejo Blanco-Cicerón, nado en Santiago de Compostela o 4 de marzo de 1909 e finado en Tirán (Moaña) o 23 de marzo de 1983[2], foi un xornalista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de marzo de 1909 Santiago de Compostela, España |
Morte | 23 de marzo de 1983 (74 anos) Tirán, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, xornalista |
Partido político | Comunión Tradicionalista |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | María Francisca Bolívar Sequeiros |
Fillos | once [1] |
Pai | Amando Castroviejo Nobajas |
Irmáns | Concha Castroviejo |
Parentes | Ricardo Blanco-Cicerón, avó |
Traxectoria
editarFillo de Amando Castroviejo e irmán de Concha Castroviejo, así como neto por parte de nai do arqueólogo carlista Ricardo Blanco-Cicerón[3][4]. Pasou a súa infancia e mocidade no lugar de Paizás (parroquia de Trobe, no concello de Vedra)[5], e sobre esa etapa escribiu o libro de recordos Memorias dunha terra (Ed. Galaxia, 1973).
Estudou dereito e filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Lión[6], onde estivo cunha bolsa de ampliación de estudos en 1931. Durante a súa época de estudante en Santiago pertenceu á Federación Universitaria Escolar. Na súa mocidade foi carlista, como o seu avó, e formou parte do grupo cruzadista.[7] Posteriormente foi membro das Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista (JONS)[8][9] e de Falanxe. Está considerado un dos intelectuais que formaron parte do núcleo inicial de Falange.[10]
Desde 1935 exerceu como profesor de economía política e facenda pública da Universidade de Santiago de Compostela. Logo do golpe de estado de 1936 uniuse ás forzas franquistas, e combateu no exército «nacional».[11] Desde 1937 foi director do xornal El Pueblo Gallego,[12][8] pertencente á Prensa do Movemento. Colaborou con outras publicacións falanxistas, como Vértice,[13] Amanecer,[14] La Voz de España,[15] ou a revista Escorial,[16][17]. Recibiu varios premios polos seus traballos xornalísticos.[6]
A súa obra literaria adoita ser incluída na chamada Antoloxía poética do Alzamento.[18] Unha das súas primeiras publicacións, Altura (1939),[19] tivo unha boa acollida no momento da súa publicación.[11] Tamén cultivou a prosa, seguindo o estilo de Álvaro Cunqueiro,[20] con quen escribiu o libro Viaje por los montes y chimeneas de Galicia.[2]. Xunto a Cunqueiro publicou tamén a obra gastronómica Teatro venatorio y coquinario gallego (1958).[21] Castroviejo escribiu tamén unha peza teatral, Don Quijote.[22] Colaborou na revista Nós (nº 91, xullo de 1931), co poema "Noroeste". Defendeu o uso da lingua galega fronte a Juan Aparicio, director xeral de Prensa, que consideraba un snobismo que Ramón Piñeiro e Celestino Fernández de la Vega traducisen a este idioma o filósofo nacionalsocialista Martin Heidegger.
Obra
editarPor favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
En galego
editar- Tempo de outono e outros poemas, 1964, Galaxia.
- Memorias dunha terra, 1973, Galaxia.
En castelán
editar- Altura, 1939
- Mar del Sol, poemas de un diario a bordo, 1940
- Los paisajes iluminados, 1945
- Apariciones en Galicia, 1955, Porto y Cía. Editores
- La burla negra, 1955
- El pálido visitante: Ejemplares relatos de avisos y apariciones en el Finisterre, 1960, Porto y Cía.[23]
- Galicia: guía espiritual de una tierra, Madrid, 1960
- Las tribulaciones del cura de Noceda, Barcelona, 1970
Obras colectivas
editar- Teatro venatorio y coquinario gallego, 1958, Espasa. Con Álvaro Cunqueiro.
- Viaje por los montes y chimeneas de Galicia, 1962, Espasa. Con Álvaro Cunqueiro.
Vida persoal
editarCasou en 1938 con María Francisca Bolívar Sequeiros, filla de Tomás Bolívar Massó.[24]
Notas
editar- ↑ Entre eles Javier Castroviejo Bolívar.
- ↑ 2,0 2,1 Ánxel Vence (26 de marzo de 1983). "La muerte de Castroviejo priva a Galicia de uno de los supervivientes peculiares de su cultura literaria". El País (en castelán).
- ↑ "Castroviejo y Nobajas, Amando Ricardo (1874-1934)". Diccionario de catedráticos españoles de Derecho (1847-1943). Universidad Carlos III de Madrid. 19 de outubro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 14 de maio de 2020.
- ↑ "Los recuerdos: Luz y sombra del carlismo". La Vanguardia Española: 13. 3 de decembro de 1972.
- ↑ "Parroquia a parroquia: Santo André de Trobe". Concello de Vedra. Consultado o 19 de febreiro de 2019.
- ↑ 6,0 6,1 Bleiberg, Ihrie & Pérez 1993, p. 355.
- ↑ "Desde Santiago". El Cruzado Español: 2. 29 de novembro de 1932.
- ↑ 8,0 8,1 Rodríguez Puértolas 2008a, p. 220.
- ↑ Michonneau & Núñez Seixas 2014, p. 130.
- ↑ Martín Puerta 2013, pp. 241-242.
- ↑ 11,0 11,1 Arellano & et al. 2004, p. 680.
- ↑ Santos Gayoso 1990, p. 565.
- ↑ Fernández Soria 1984, p. 234.
- ↑ Fernández de Miguel 2012, p. 184.
- ↑ Pike 2008, pp. 107, 176.
- ↑ Fuentes 2006, p. 74.
- ↑ Martín Puerta 2013, p. 263.
- ↑ Blanco Aguinaga & et al. 2000, p. 351.
- ↑ Blanco Aguinaga & et al. 2000, p. 361.
- ↑ Rodríguez Puértolas 2008a, p. 561.
- ↑ Rodríguez Puértolas 2008b, p. 682.
- ↑ Gómez García 1998, p. 169.
- ↑ En 2004 foi incluído na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano de La Voz de Galicia
- ↑ David García (5 de novembro de 2013). "Fallece a los 98 años la viuda de José María Castroviejo". Faro de Vigo (en castelán).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xosé María Castroviejo |
Bibliografía
editar- "Castroviejo Blanco-Cicerón, Xosé María". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 236.
- "Castroviejo Blanco-Cicerón, José María". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Arellano, I.; Menéndez, J.; Caso, J. M.; Caso, M. T.; Martínez, J. M. (2004). Historia Literatura Española III. Editorial Everest. ISBN 978-8424119515 (en castelán).
- Blanco Aguinaga, Carlos; Rodríguez Puértolas, Julio; Zavala, Iris M. (2000) [1978]. Historia social de la literatura española. Madrid: Editorial Akal (en castelán).
- Bleiberg, Germán; Ihrie, Maureen; Pérez, Janet (1993). Dictionary of the literature of the Iberian peninsula I. Santa Barbara: Greenwood Publishing Group. ISBN 0313287325 (en inglés).
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Bibliófilos Gallegos. p. 269.
- d'Ors, Miguel (2000). Estudios sobre Manuel Machado. Sevilla: Ed. Renacimiento (en castelán).
- Fernández de Miguel, Daniel (2012). El enemigo yanqui: Las raíces conservadoras del antiamericanismo español. Zaragoza: Genueve Ediciones. ISBN 978-84-940186-3-3 (en castelán).
- Fernández del Riego, F. (1971) [1951]. Historia da literatura galega (2ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia.
- Fernández Soria, Juan Manuel (1984). Educación y cultura en la guerra civil: España 1936-39 (en castelán). NAV.
- Fuentes, Manuel (2006). El espejo de obsidiana. Estudios de literatura hispanoamericana y española. Ediciones Universidad de Lérida (en castelán).
- Gómez García, Manuel (1998). Diccionario Akal de teatro. Akal. ISBN 9788446008279.
- Lemos Jorge, Marta (2007). Unha paixón herdada: Obra medioambiental de José María Castroviejo y Blanco-Cicerón (1909-1983) (PDF). Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible.
- Mainer, José Carlos (1971). Falange y literatura. Barcelona: Editorial Labor.
- Martín Puerta, Antonio (2013). El franquismo y los intelectuales: La cultura en el nacionalcatolicismo (en castelán). Encuentro.
- Méndez Ferrín, X. L. (1984). De Pondal a Novoneyra. Xerais. pp. 98–99. ISBN 84-7507-139-2.
- Michonneau, S.; Núñez Seixas, X. M. (2014). Imaginarios y representaciones de España durante el franquismo (en castelán). Casa de Velázquez. ISBN 9788415636656.
- Pariente, Ángel (2003). Diccionario bibliográfico de la poesía española del siglo XX. Editorial Renacimiento. ISBN 9788484721093 (en castelán).
- Pike, David W. (2008). Franco and the Axis Stigma. Palgrave Macmillan (en inglés).
- Rodríguez Puértolas, Julio (2008a). Historia de la literatura fascista española I. Ediciones Akal.
- ————————— (2008b). Historia de la literatura fascista española II. Ediciones Akal.
- Santos Gayoso, E. (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986 I. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Villavedra, Dolores (coord.): Diccionario da literatura galega, Vol 1, Galaxia, Vigo, 1995, p. 133.