El Eco de Galicia (Lugo)
El Eco de Galicia foi un periódico editado en Lugo entre 1872 e 1898.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: El Eco de Galicia.
Historia e característicasEditar
Subtitulado Periódico político, apareceu o 1 de agosto de 1872. Foi unha publicación trisemanal fundada por Manuel Vázquez de Parga Somoza. Estivo dirixido por Nicandro García Taboada, Antonio Villamarín, Ramón Iglesias Camino, Lorenzo Gómez Quintero (dende o 20 de maio de 1891), Víctor Castro Soto (1892-1898), Emilio Tapia Rivas (dende xaneiro de 1898) e o fundador. No equipo de redacción estiveron, entre outros, José María Castro Bolaño e Teolindo María Romero.[1]
Interrompeu a súa publicación en 1875 e reapareceu en 1882. Comezou a súa terceira etapa en 1891.
NotasEditar
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.