Víctor Castro Soto
xornalista galego
Víctor Castro Soto, nado en Lugo o 12 de abril de 1839 e finado na mesma cidade o 15 de maio de 1903[1], foi un xornalista galego.
Víctor Castro Soto | |
---|---|
Nacemento | 12 de abril de 1839 |
Lugo | |
Falecemento | 15 de maio de 1903 |
Lugo | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de Juan Rodríguez de Castro. Empregado na Intervención de Facenda da provincia de Lugo. Traballou en El Buscapié, do que foi redactor até 1881. Posteriormente foi redactor de El Eco de Galicia, onde utilizou o pseudónimo Claridades, e dende 1892 dirixiu o xornal[2], ata que foi substituído por Emilio Tapia Rivas en 1898.
Vida persoalEditar
Casou con Rita Somoza Arias, e foi pai de Concepción, Salvador, Víctor, Rita, Victorino e José Castro Somoza.
NotasEditar
- ↑ El Norte de Galicia, 16-5-1903, p. 1,3.
- ↑ El Correo Gallego, 6-1-1892, p. 2.