El Eco Ferrolano foi un periódico editado en Ferrol entre 1854 e 1869.

El Eco Ferrolano
LocalidadeFerrol
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

 
Curso práctico de construcción naval arreglado por D. Andrés Avelino Comerma. Ferrol. 1868. Imprenta de El Eco Ferrolano de D. F. Suarez y García. Real 80.

O periódico tivo dúas épocas ben diferenciadas.

Primeira época editar

Apareceu en 1854 baixo a dirección de José Canalejas Casas. Entre os seus colaboradores figuraron José Montero Aróstegui e Juan Antonio Lacaci. Cesou a súa publicación en 1855.

Segunda época editar

Volveu aparecer o 5 de marzo de 1864, co subtítulo Periódico independiente, modificado en 1866 por Periódico de ciencias y literatura. Nun principio aparecía cada cinco días, despois foi bisemanal durante ano e medio, logo pasou a publicarse tres veces á semana (normalmente os mércores, venres e domingos), para finalmente converterse en diario en febreiro de 1867. Editábase na imprenta de Nicasio Taxonera. Estaba dirixido por Francisco Suárez García. Os redactores eran Domingo Díaz de Robles, Nazario de Puzo e Ventura Pueyo e entre os seus colaboradores figuraban José López de la Vega e Justo Gayoso. Centrouse nos contidos literarios e nas novas de información xeral. Cesou a súa publicación en 1869 pasando a denominarse El Tribuno.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar