Nicasio Taxonera
Nicasio Taxonera, finado en Ferrol en abril de 1911[1], foi un impresor e político galego.
Nicasio Taxonera | |
---|---|
Falecemento | abril de 1911 |
Lugar de falecemento | Ferrol |
Nacionalidade | España |
Ocupación | editor e político |
Pai | Nicasio Taxonera Marzal |
Fillos | Luciano Taxonera Cabo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Foi o seu pai Nicasio Taxonera Marzal, un importante empresario ferrolán en posesión dunha imprenta desde, cando menos, o 1837. Desta imprenta saíu no 1838 a Historia de Galicia de José Verea y Aguiar e a edición do primeiros periódicos locais de ideoloxía provincialista: El Águila (1845) e El Ferrolano (1846).
Finado o seu pai no 1854, continuou Nicasio Taxonera fillo cos seus negocios, editando na imprenta familiar os xornais El Eco Ferrolano (1854-1855, 1864-1869), El Pensamiento de Galicia (1865-1866) e El Diario Ferrolano (1867-1869). Da imprenta dos Taxonera saíron tamén os sete volumes da Historia de Galicia de Benito Vicetto (1865-1873) e os Estudios sobre la época céltica en Galicia de Leandro de Saralegui.[2]
Foi elixido deputado provincial en 1877[3].
Notas editar
- ↑ Gaceta de Galicia, 13-4-1911, p. 1.
- ↑ Martínez González, Xurxo (2019). Semblanza de Nicasio Taxonera Marzal (Ferrol, ¿? 1854). cervantes virtual.
- ↑ El Diario de Santiago, 9-3-1877, p. 2.