Santiago de la Iglesia Santos

médico e naturalista galego

Santiago de la Iglesia Santos, nado en Santiago de Compostela o 12 de outubro de 1851 e finado en Ferrol o 9 de novembro de 1931,[1] foi un médico e naturalista galego.[2]

Santiago de la Iglesia Santos
Nacemento12 de outubro de 1851
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento9 de novembro de 1931
Lugar de falecementoFerrol
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónmédico
PaiFrancisco María de la Iglesia
IrmánsÁlvaro de la Iglesia e Alfredo de la Iglesia
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

 
Conferencia de Santiago de la Iglesia no Anuario del Ateneo Ferrolano 1904-1905.

Fillo do mestre e escritor Francisco María de la Iglesia. Ao pouco de nacer a súa familia trasladouse á Coruña onde estudou o bacharelato (1862-1868). Tendo como mestre ao profesor de Historia natural Víctor López Seoane. Fixo a carreira de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela que rematou en 1873. Iniciou o traballo de médico na Coruña, traballando co médico Ramón Pérez Costales. En 1874 exerceu de médico en Serantes (actualmente parte do concello de Ferrol). Fixo o doutoramento en Santiago. En Ferrol, xunto á consulta, impartiu clases de física e química no colexio particular do que era titular o seu irmán Alfredo e na Escola de Artes e Oficios. Foi redactor do Diario Ferrolano. Sucedeu a Francisco Suárez na xefatura republicana en Ferrol. Foi deputado a Cortes polo Partido Republicano, tenente de alcalde, masón, impulsor do Centro Obrero de Cultura e presidente da sección de Ciencias do Ateneo Ferrolán. En 1914 accedeu á dirección do Laboratorio municipal de Ferrol e deixou de exercer a medicina.

Doou a súa biblioteca á Universidade de Santiago de Compostela e a súa colección arqueolóxica: vasos campaniformes, torques, machados de bronce, puntas de frecha de cobre etc. Foi o primeiro en atopar un vaso campaniforme en Galicia nunha escavación nas Pontes de García Rodríguez.

Foi membro da Sociedade Española de Historia Natural.[3]

Recoñecementos editar

A cidade da Coruña ten unha rúa co seu nome, que mantivo durante o franquismo.

Vida persoal editar

Os seus irmáns Álvaro e Alfredo foron escritores.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar