Manuel Barbeito Herrera

xornalista e escritor galego

Manuel Barbeito Herrera, nado en Ferrol[1] en 1885 e finado en Madrid o 27 de decembro de 1968,[2] foi un xornalista e escritor galego.

Infotaula de personaManuel Barbeito Herrera

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1885 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de decembro de 1968 Editar o valor em Wikidata (82/83 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Manuel Barbeíto, avogado e secretario do Xulgado de Ferrol. Comezou a súa carreira en Diario Ferrolano. Colaborou despois en El Ideal Gallego, El Noroeste, El Orzán e Marineda da Coruña ata que se trasladou a Madrid en 1922. Foi redactor de Informaciones e correspondente de La Voz de Galicia. De volta a Galicia dirixiu La Voz de Galicia entre os anos 1946 e 1948. Residente novamente en Madrid colaborou en xornais da capital.

Como escritor publicou poesía e foi premiado nos Xogos Florais de Santiago de Compostela de 1918 e nos Xogos da Coruña (1919 e 1920); tamén é autor dunha novela de tema galego titulada El retorno. En 1956 foi galardoado co Premio Rodríguez Santamaría de xornalismo.

Obras editar

  • De mi viejo solar (1911)
  • Libro de Poesías (1912)
  • Y el bufón reía (1917)
  • El divino monstruo (Editorial Gallega, 1920; novela)
  • La querida del diablo (1925)
  • El retorno (Moret, 1944; novela)
  • La ciudad de los poetas y de las novias del amor ausente (1958)

Vida persoal editar

Casou con Marina Gancedo Martínez en 1926.

Notas editar

  1. Couceiro Freijomil, A. (1951). "BARBEITO HERRERA, Manuel". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 118. 
  2. "Necrolóxica". ABC: 106. 28 de decembro de 1968. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar