El Orzán
El Orzán, foi un xornal galego editado na Coruña entre 1918 e 1932.
El Orzán Diario independente | |
---|---|
![]() Primeira páxina do xornal no seu primeiro día de publicación o 1 de febreiro de 1918. | |
Fundación | 1 de febreiro de 1918 |
Remata | 17 de xullo de 1932 |
Tendencia | Monárquica |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | A Coruña |
Periodicidade | Xornal |
Seccións | El Noroeste |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características Editar
Subtitulado Diario independente, apareceu o 1 de febreiro de 1918. Estivo dirixido por José Pan de Soraluce, Leandro Pita Romero (desde o 1 de xuño de 1924) e Victoriano Fernández Asís. Entre os seus colaboradores estaban Picadillo, Alfredo Tella, José Luis Bugallal Marchesi, Eduardo Pérez Hervada, Joaquín Freyre de Andrade, Sebastián Naya e Dámaso Calvo Moreiras. Formado por antigos redactores de El Noroeste, era un xornal de información local de tendencia monárquica e conservadora. Cesou a súa publicación o 17 de xullo de 1932. En febreiro de 1933 apareceu El Día, que se pretendeu o seu continuador.
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.