Alfredo Tella
Alfredo Tella Comas, nado na Coruña en 1873 e finado en Madrid o 12 de outubro de 1927[1], foi un xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1873 A Coruña, España |
Morte | 12 de outubro de 1927 (53/54 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Familia | |
Irmáns | Mercedes Tella |
Traxectoria
editarIrmán de Mercedes Tella. Xornalista xocoso, foi redactor de El Noroeste e despois de El Orzán, e colaborou en El Correo Gallego.
O 17 de febreiro de 1903 na súa crónica de El Noroeste fixo un comentario sarcástico sobre os mozos que se vestían de "madamas" no Entroido, solicitando que o alcalde tomase medidas para evitar equívocos. Ao día seguinte, o alcalde Argudín Bolívar publicou o bando de entroido, cun artigo no que prohibía que os homes se disfrazasen de muller. La Voz de Galicia ironizou con que a medida prexudicara aos homes, e non ao revés. Ao ano seguinte, Francisco Mariño, o sucesor no cargo de Argudín Bolívar prohibiu tamén que as mulleres se disfrazasen de home.[2]
Recoñecementos
editarO Concello da Coruña dedicoulle unha rúa en 1966.[3]
Notas
editar- ↑ El Orzán, 13-10-1928, p. 1.
- ↑ Xosé Alfeirán (6-3-2017). "Prohibido vestirse de mujer". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 08-04-2020.
- ↑ "Sección Coruñeses Ilustres del barrio: ¿Quién fue Alfredo Tella?". Blog del Ventorrillo (en castelán). 1-8-2009. Arquivado dende o orixinal o 11-10-2016. Consultado o 18-07-2016.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) 3. Bibliófilos Gallegos. p. 401.