Francisco Lloréns
Francisco Lloréns Díaz, nado na Coruña o 10 de abril de 1874 e finado en Madrid o 11 de febreiro de 1948, foi un pintor paisaxista galego.
Francisco Lloréns Díaz | |
---|---|
![]() Francisco Lloréns, retrato en Vida Gallega, 1922. | |
Nome | Francisco Lloréns Díaz |
Nacemento | 1874 e 10 de abril de 1874 |
A Coruña | |
Falecemento | 1948 e 11 de febreiro de 1948 |
Madrid | |
Nacionalidade | España |
Fillos | Eva Lloréns Rodríguez |
Influenciado por | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria Editar
Foi o menor de tres irmáns, fillo de industrial catalán e nai galega. Estudou na Escola de Artes e Oficios da Coruña, onde foi alumno de Román Navarro. En 1892 trasladouse á Escuela de Bellas Artes de San Fernando de Madrid, onde tivo como profesor ao belga Carlos de Haes. Copiou obras de Velázquez, Murillo e Rubens, completando a formación, dende 1893, no taller de Joaquín Sorolla, de quen aprendeu a paixón pola luz na paisaxe. Alí coñeceu a outros pintores como Josep Benlliure i Gil ou Manuel Benedito Vives.
En 1902 viaxou de bolseiro a Roma, pasando por Barcelona, onde coñeceu a Ramon Casas, Santiago Rusiñol, Antoni Gaudí e Enric Galwey. Na capital de Italia residiu catro anos e publicou as súas impresións no xornal coruñés El Noroeste, asinando Sor Checco.
En 1903 percorreu París (onde quedou seducido por Paul Cézanne e o impresionismo) os Países Baixos e Bruxas, onde residiu preto dun ano antes de tornar a Italia e, en 1906 á Coruña, onde asistía con frecuencia aos faladoiros da súa amiga Emilia Pardo Bazán no pazo de Meirás.
Exerceu con mestría o cartelismo. Chegou a facer propaganda para o Deportivo da Coruña, tomando como modelos ás damas da alta sociedade.
En 1943 foi nomeado académico numerario da Real Academia de San Fernando e catedrático de paisaxe. Adicáronlle artigos Wenceslao Fernández Flórez e Ramón Cabanillas, e foi designado académico de honra da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario e membro correspondente da Real Academia Galega.[1]
Poden contemplarse obras súas, entre outros, no Museo de Belas Artes da Coruña, na Pinacoteca Francisco Fernández del Riego e no Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside.
Vida persoal Editar
Casou en 1918 con Eva Rodríguez, de quen enviuvou en 1925, quedando con dúas fillas, unha delas Eva Lloréns Rodríguez.
Galería de imaxes Editar
-
Exposición no Palacio de María Pita, en 1917. Lloréns é o oitavo pola esquerda
-
Busto na casa da cultura de Sada
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Hidalgo, J. M.; et al. (1997). Artistas galegos nas coleccións de Prensa Española 1893-1936 (en bilingüe). Museo Quiñones de León. VG 930-97.
- Pablos, Francisco (1981). Plástica Gallega (en castelán). Caja de Ahorros Municipal de Vigo. pp. 220–221. ISBN 84-7231-603-3.
- ——— (1981). Pintores gallegos del novecientos (en castelán). Fundación Barrié. ISBN 84-85858-06-9.
- ——— (2003). A pintura en Galicia - La pintura en Galicia (en bilingüe). Nigra Trea. p. 53. ISBN 84-95364-15-8.
- Travieso Mougán, Javier et al., "LLORÉNS, Francisco", Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
Outros artigos Editar
- Eva Lloréns Rodríguez (filla).
Ligazóns externas Editar
- Francisco Lloréns na Colección Afundación.
- Obra de LlorensArquivado 24 de decembro de 2013 en Wayback Machine. no Museo de Belas Artes da Coruña.
- ↑ "Membros correspondentes". Real Academia Galega.