Abrir o menú principal

Emilio Madariaga

Escultor galego
(Redirixido desde "Emilio Madariaga y Rojo")

Emilio Madariaga y Rojo, nado na Coruña o 24 de novembro de 1887 e finado en Madrid o 18 de marzo de 1920 foi un escultor galego.

Emilio Madariaga
Exposición rexional de arte galega. A Coruña 1917 (cropped) Emilio de Madariaga.jpg
Nacemento24 de novembro de 1887
 A Coruña
Falecemento18 de marzo de 1920
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescultor
IrmánsSalvador de Madariaga e Pilar de Madariaga Rojo
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Este escultor,[1][2][3] pertencente a mesma xeración que Francisco Asorey, foi irmán do diplomático e escritor Salvador de Madariaga (eran once irmáns).[2] Formouse en París, sendo quizais o único galego e un dos poucos españois que coñeceu e estudou a obra de Auguste Rodin directamente.[4] Máis tarde, obrigado pola Primeira guerra mundial, trasladouse a Madrid.

 
Madariaga no estudio madrileño, rodeado das súas obras, có médico Rodríguez e o seu busto.

Foi autor de obras como Amor divino;[5] Alma castelá; un busto do seu irmán (Museo de Belas Artes de Asturias);[6] Inxenua (Museo de Salamanca); Dor; Retrato dun filósofo,[2] Retrato do Sr. Cuervo; Dama eslava; Luxuria; Amor profano[3] ou o busto do médico José Rodríguez Martínez, exposto na praza de Ourense da Coruña,[7] entre outras.

Finou prematuramente, á idade de 33 anos.[7]

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar