Acción Coruñesa

periódico editado na Coruña entre 1920 e 1922

Acción Coruñesa foi un periódico editado na Coruña entre 1920 e 1922.

Acción Coruñesa
Periódico defensor de los intereses de la capital de Galicia
Fundación1 de novembro de 1920
Remata26 de xuño de 1922
FundadorJoaquín Martín Martínez
TendenciaRepublicana
LocalidadeA Coruña
PeriodicidadeSemanal
editar datos en Wikidata ]

Historia e características Editar

Subtitulado Periódico defensor de los intereses de la capital de Galicia, apareceu o 1 de novembro de 1920. Semanario republicano fundado e dirixido por Joaquín Martín Martínez, entre os seus colaboradores estaban Santiago Casares Quiroga, Manuel Lugrís Freire, Lois Peña Novo, Manuel Lustres Rivas, Alfredo Somoza e Roberto Blanco Torres. Das caricaturas e retratos literarios encargábanse Álvaro Cebreiro, Rafael González Villar, Ricardo Camino e Manuel Crestar. Cesou a súa publicación co número 86, o 26 de xuño de 1922.

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

Ligazóns externas Editar