Dámaso Calvo Moreiras

avogado, xornalista e político galego

Dámaso Calvo Moreiras, nado en Celanova o 19 de agosto de 1880 e finado en Madrid o 29 de marzo de 1954, foi un avogado, xornalista e político galego.

Infotaula de personaDámaso Calvo Moreiras

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de agosto de 1880 Editar o valor em Wikidata
Celanova, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de marzo de 1954 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , xornalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJosé Antonio Calvo Montero Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo do notario José Antonio Calvo Montero. Estudou o bacharelato no Colexio dos Escolapios de Celanova. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e no Colegio de Estudios Superiores María Cristina de Еl Escorial, e doutorouse en Madrid en 1902. Foi fiscal municipal de Ortigueira, Asesor de Marina no distrito de Ortigueira e deputado provincial polo distrito de Fеrrоl-Ortigueira en 1903. Dirixiu o periódico El Eco Ortegano a partir de febreiro de 1905. En 1905 presentouse a deputado polo distrito de Celanova polo Partido Liberal, pero foi derrotado polo conservador Senén Canido Pardo.

Encadrado na órbita de Juan Fernández Latorre, logo da súa morte en 1912, pasou a seguir a Antonio Maura e Juan Armada Losada. En 1913 entrou a formar parte, co seu pai, do consello de goberno e administración de La Voz de Galicia e comezou a escribir no periódico. Tamén colaborou en Faro de Vigo, El Noroeste, El Ideal Gallego, El Pueblo Gallego, Vida Gallega, El Eco de Santiago, El Orzán, Alfar, Finisterre, La Noche, Hoja del Lunes, El Рuеblо Vasco e Acción Española. Sumouse a ditadura de Primo de Rivera e capitaneou a Unión Monárquica de Ortigueira. A finais de 1930 fundou e dirixiu o semanario El Eco de Ortigueira para opoñerse á política de Leandro Pita Romero.

En 1931 tiña a intención de presentarse ás eleccións a Cortes pola Unión Monárquica Nacional. Nas eleccións de febreiro de 1936 presentouse como candidato de Renovación Española. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado comisario de guerra para a formación e o recrutamento dos voluntarios galegos do Batallón Calvo Sotelo. Na posguerra dedicouse á actividade profesional no bufete da Coruña.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar