Juan Fernández Latorre
Juan Fernández Latorre, nado na Coruña o 8 de outubro de 1848[1] e finado en Madrid o 14 de marzo de 1912, foi un empresario e político galego, fundador do xornal La Voz de Galicia.
Juan Fernández Latorre | |
---|---|
![]() Foto de Christian Franzen | |
Nacemento | 8 de agosto de 1848 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Falecemento | 14 de marzo de 1912 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e emprendedor |
Fillos | María Victoria Fernández-Latorre e Felisa |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Ingresou no Exército, onde chegou a sarxento de artillería e participou na rebelión do cuartel de San Gil, un golpe de Estado progresista que tivo lugar contra a raíña Isabel II en xuño de 1866 en Madrid. En 1869 redactou unha proclama, pola que foi condenado á morte, pena que lle foi conmutada pola de cadea perpetua. Fuxiu a Francia, de onde volveu a España con ocasión da amnistía de 1870.
Foi secretario do concello de Granollers e deputado a Cortes na Primeira República. Tralo golpe do xeneral Pavía, Latorre exiliouse de novo a Francia.
De volta a Galicia, a canda Antonio Prieto Puga e José Manuel Martínez Pérez fundou La Voz de Galicia en 1882. En 1885 disolveuse a sociedade fundacional e Latorre converteuse en propietario único do diario.
Nas eleccións lexislativas de 1891 obtivo acta de deputado republicano por Ortigueira, e en 1910 conseguiu escano pola Coruña. Ademais de deputado a Cortes, tamén foi subsecretario de Gobernación en 1905 e en 1910. En 1911 nomeárono gobernador civil de Madrid, cargo que desempeñou ata o día da súa morte en 1912.
Vida persoalEditar
Casou con Felisa Ozores de Prado, e foi pai de María Victoria Fernández-Latorre[2].
RecoñecementosEditar
Na cidade da Coruña está o CEIP Juan Fernández Latorre, e en 1906 púxoselle o seu nome a unha avenida.[3] En 2004 bautizouse co seu nome a biblioteca municipal de Ortigueira[4], localidade onde unha das súas rúas preserva tamén a súa memoria.
NotasEditar
- ↑ "Muerto ilustre: Fernández Latorre". Gaceta de Galicia. 16 de marzo de 1912.
- ↑ "Falleció la hija del fundador de La Voz", artigo en La Voz de Galicia, 20 de decembro de 2000 (en castelán).
- ↑ García López, Alfonso. Calles con historia (en castelán). Espacio Cultura.
- ↑ "Ortigueira dedica su nueva biblioteca municipal a Juan Fernández Latorre". La Voz de Galicia (en castelán). 14-1-2004. Arquivado dende o orixinal o 25-08-2016. Consultado o 9-8-2016.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Juan Fernández Latorre |