María Victoria Fernández-Latorre

muller da burguesía galega


María Victoria Fernández-Latorre Ozores, nada en Madrid o 8 de xaneiro de 1906 e finada na mesma cidade o 19 de decembro de 2000, foi unha muller da burguesía galega.

Modelo:BiografíaMaría Victoria Fernández-Latorre
Biografía
Nacemento8 de xaneiro de 1906 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de decembro de 2000 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJosé Fernández-España Vigil (1924–1927) Editar o valor en Wikidata
FillosMaría Victoria Fernández-España, Santiago Rey Fernández-Latorre Editar o valor en Wikidata
PaiJuan Fernández Latorre Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Foi a segunda filla de Juan Fernández Latorre, fundador de La Voz de Galicia, e de Felisa Ozores de Prado. Naceu no Palacio do Goberno Civil de Madrid, cando seu pai ocupaba o cargo de gobernador civil. Recibiu o seu nome por María Victoria Montero Ríos, filla de Eugenio Montero Ríos e esposa de Manuel García Prieto.

Residiu nun piso fronte ao Teatro Real de Madrid, e pasou longas estancias no pazo de Miraflores, en Oleiros. De nova, xunto coa súa irmá Felisa, tivo unha institutriz francesa.

En setembro de 1924 casou co enxeñeiro José Fernández-España Vigil, finado en 1927 en accidente de circulación. Con el foi nai de María Victoria Fernández-España (nada en xuño de 1925) e de María Josefa Fernández-España, que naceu cando o pai xa morrera. En abril de 1931 casou en segundas nupcias co licenciado en Farmacia Emilio Rey Romero, e foi nai de Emilio (1932), Paloma e Santiago Rey Fernández-Latorre (1938).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar