José Sánchez Anido

avogado e político galego

José Sánchez Anido, Vizconde de San Antonio, finado en Madrid o 6 de xaneiro de 1947[1], foi un avogado e político galego.

José Sánchez Anido
Nacementoséculo XIX
Lugar de nacementoGalicia
Falecemento6 de xaneiro de 1947
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
IrmánsJuan Sánchez Anido
PremiosGran Cruz da Orde Civil do Mérito Agrícola
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Descendente de Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, dunha familia fidalga do Pazo de Santaia (Curtis). Militante do Partido Liberal (facción prietista), foi concelleiro e tenente de alcalde de Madrid. Foi elixido deputado pola Coruña na elección parcial do 2 de xuño de 1912 en substitución do falecido Juan Fernández Latorre. Volveu ser elixido deputado polo distrito de Ortigueira nas eleccións de 1916, e polo de Betanzos en 1918, 1919 e 1923. Colaborou en La Democracia, El Imparcial e noutros periódicos liberais de Madrid. Foi presidente da Asociación Española para la Difusión de las Ciencias del Hogar creada en Madrid en 1928.

Obras Editar

  • Educación campesina, 1922.

Vida persoal Editar

Casou coa Vizcondesa de San Antonio.

Notas Editar

Véxase tamén Editar