Pedro Antonio Sánchez Vaamonde
Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, nado o 10 de abril de 1749 na parroquia de Santaia de Curtis (Curtis) e finado o 4 de outubro de 1806 en Santiago de Compostela, foi un relixioso e escritor, destacado ilustrado do século XVIII.
Pedro Antonio Sánchez Vaamonde | |
---|---|
![]() retratado en La Ilustración Gallega y Asturiana | |
Nacemento | 10 de abril de 1749 |
Lugar de nacemento | Curtis |
Falecemento | 4 de outubro de 1806 |
Lugar de falecemento | Santiago de Compostela |
Soterrado | Catedral de Santiago |
Nacionalidade | España |
Relixión | católica |
Alma máter | U. de Santiago de Compostela |
Ocupación | cóengo e escritor |
Na rede | |
![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Naceu nunha familia de alta fidalguía, e foi posuidor de varios morgados. Ademais, tiña numerosos bens na Comarca de Bergantiños. Casou con María Josefa Varela y Figueroa,[1] tamén dona de importantes leiras rústicas e inmobles urbanos. Tras estudar en diversas facultades, obtivo as cátedras de Retórica e Teoloxía. Foi director de estudos do Colexio de Fonseca. O arcebispo Alejandro Bocanegra encomendoulle a dirección da Biblioteca Arcebispal compostelá (1779) e nomeouno primeiro fiscal e despois xuíz eclesiástico da diocese.
Foi co-fundador da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1784) e presidiuna en 1789. Creou en Curtis unha escola de primeiras letras no ano 1798 —doando un edificio e unha dotación económica— e unha academia de debuxo en Santiago de Compostela. Cos seus cartos construíronse os baños minerais de Bea e fixéronse as análises das súas augas, así como as de Caldas de Reis. Axudou a sufragar unha estrada e a Casa de Misericordia de Santiago, que estaba en estado lamentable, e financiou tamén os estudos a varios mozos. Fundou a Biblioteca do Real Consulado do Mar da Coruña (1806), para a cal o cóengo doou aproximadamente uns 4 500 libros, aínda que foi acrecentándose e chegou a ter un fondo duns 30 000 exemplares.
Publicou varios libros sobre curtidos, gandaría e comercio. Un dos seus proxectos máis importantes foi facer navegábel o río Miño, coa finalidade de que os barcos puidesen transportar viño e outras mercadorías desde Ourense até o Océano Atlántico.[2]
Estaba a favor do réxime feudal tradicional e propugnou o mantemento de diferenzas educativas entre os estamentos privilexiados e a clase popular.[3][4][5]
Unha rúa da cidade da Coruña leva o seu nome dende o ano 2013.[7]
ObrasEditar
- Discurso sobre la eloquencia sagrada en España, Madrid, 1778.
- Oracion fúnebre que en las exequias que celebró la Real Sociedad económica, Madrid, 1786.
- Memoria sobre los ganados de Galicia considerados relativamente a la economía política, Madrid, 1802.
- Respuesta al canónigo de Lugo D. Joaquín Antonio del Camino, Madrid, 1805.
- Memoria sobre la policia y régimen de los abastos de la ciudad de Santiago, Madrid, 1806.
- Capítulos en obras colectivas
- "Memoria n.º XIII.º", incluída en Coleccion de las Memorias premiadas, Madrid, 1784.[6]
- Sobre el
- Carta crítica al Dr. D. Pedro Antonio Sánchez, Madrid, 1806, de Francisco Rodríguez de Ledesma.
- Póstumas
Galería de imaxesEditar
|
NotasEditar
- ↑ Meijide 2002.
- ↑ Dopico Gutiérrez del Arroyo, Diccionario biográfico español.
- ↑ "Sánchez Vaamonde, Pedro Antonio". Diccionario enciclopédico galego universal 54. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 97. ISBN 84-7680-429-6.
- ↑ "Sánchez Vaamonde, Pedro Antonio". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 228.
- ↑ "Sánchez Vaamonde, Pedro Antonio". Enciclopedia Galega Universal 15. Ir Indo Edicións. 1999-2002. p. 158. ISBN 84-7680-288-9.
- ↑ 6,0 6,1 p. 327-368 en Coleccion de las Memorias premiadas… Tratan del exercicio de la caridad y socorro de los verdaderos pobres, corrección de los ociosos, destierro de la mendicidad voluntaria…, Madrid, 1784.
- ↑ «Una calle recuerda al inspirador de las bibliotecas locales...» El Ideal Gallego, 5/6/2013 (en castelán).
- ↑ Na Imprenta de Manuel Minuesa, de 417 páxinas.
- ↑ Beiras, Xosé Manuel, ed. (1973). La economía gallega en los escritos de Pedro Antonio Sánchez (en castelán). Editorial Galaxia. ISBN 9788471541789.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pedro Antonio Sánchez Vaamonde |
BibliografíaEditar
- "Sánchez Vaamonde, Pedro Antonio". Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1878. ISBN 978-84-8288-942-9.
- Bianchi, Diana (1999). "Un gallego en la sociedad matritense de Amigos del País". Madrygal (en castelán) (2): 41–44. ISSN 1138-9664.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 305-308.
- Dopico Gutiérrez del Arroyo, F. (1978). A Ilustración e a sociedade galega. A visión de Galicia dos economistas ilustrados. Galaxia. ISBN 84-7154-301-X.
- —————————. "Pedro Antonio Sánchez Vaamonde". Diccionario biográfico español (en castelán). Real Academia da Historia.
- García Cortés, C. (2003). Pedro Antonio Sánchez Vaamonde (1749-1806): un promotor de la Ilustración en Galicia (en castelán). Biblioteca de la Casa Consulado. ISBN 84-607-9212-9.
- Meijide, Antonio (2002). "Biografía de Sánchez Vaamonde, ilustre canónigo y catedrático…" (PDF). Anuario Brigantino (en castelán) (Betanzos) (25): 261–274. ISSN 1130-7625.
- Rodríguez Garrido, Margarita (2005). "Sánchez Vaamonde, Pedro Antonio". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Segade Campoamor, Ramón (10/06/1879). "El Canónigo D. Pedro Antonio Sánchez". La Ilustración Gallega y Asturiana (en castelán) (16): 184–185.
- ————————— (30/06/1879). "El Canónigo D. Pedro Antonio Sánchez (conclusión)". La Ilustración Gallega y Asturiana (en castelán) (18): 206–207.
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Real Sociedad Económica de Amigos del País de la ciudad de SantiagoArquivado 10 de maio de 2012 en Wayback Machine.
- Bugallal, Isabel (25/3/2018). El ilustrado Sánchez Vaamonde" La Opinión A Coruña (en castelán).