Ramón Segade Campoamor
Ramón Segade Campoamor, nado en Santiago de Compostela[1] no ano 1831[2] e finado no mesmo lugar o 15 de abril de 1887[3], foi un escritor galego do século XIX que residiu gran parte da súa vida na Coruña.[4]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1831 Santiago de Compostela, España |
Morte | 15 de abril de 1887 (55/56 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Descrito pola fonte | Diccionario bio-bibliográfico de escritores |
Traxectoria
editarEstudou Dereito. Relacionado con Manuel Murguía, Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán, era de ideoloxía conservadora e rexionalista. A Manuel Murguía escribiulle animando a que Rosalía de Castro escribira en galego "Segade, nunha das cartas, pídelle a Murguía que anime a Rosalía a escribir unha novela en galego, xa que consideraba que sería un éxito"[5]. Colaborou en El Museo Universal, El Diario, Galicia. Revista Universal de este Reino, La Ilustración Gallega y Asturiana, Ilustración Católica, Revista Galaica e El Libredón.
Foi vicesecretario da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago.
Obra
editar- La calle del olvido, 1863.
- La olla del diablo, A Coruña 1863, Vigo 1964.
- Cristina. Impresiones morales, Soto Freire, Lugo, 1872.
- Cotolay, leyenda piadosa sobre la erección del convento de San Francisco de Santiago, Madrid, 1879.
- Francisca (cuadros de costumbres gallegas), Madrid, 1881.
- Tres cuentos, 3ª ed. Madrid, 1883.
- Pablo Gómez, A Coruña, 1883.
- España ante la unidad católica, Lugo.
Notas
editar- ↑ Couceiro dáo por nacido en Santiago de Compostela, porén informa de que outros o dan por nado en Lugo.
- ↑ "RAMÓN SEGADE CAMPOAMOR -". www.blogoteca.com. Consultado o 2021-05-27.
- ↑ Necrolóxica (Galiciana. Biblioteca de Galicia).
- ↑ Biblioteca Arquivado 12 de decembro de 2013 en Wayback Machine. da Real Academia Galega.
- ↑ "Terraetempo.gal (Carlos Pereira Martínez)". www.terraetempo.gal. Consultado o 2021-05-27.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 347.