El Museo Universal

El Museo Universal foi unha revista editada na cidade española de Madrid entre 1857 e 1869.

El Museo Universal
Fundación15 de xaneiro de 1857
Remata28 de novembro de 1869
Linguacastelán
LocalidadeMadrid
Periodicidadequincenal; semanal
ISSN1889-8440
Na rede
BNE: XX3648077 HemBNE: 0003372611 HemBNE: 3284997 BVPH: 6108
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar
 
A vitrina da empresa Gaspar y Roig cando se exhibe «El Museo Universal».

De distribución nun primeiro momento quincenal, que pasou a ser semanal. Publicouse entre 1857 e 1869 e contiña unha notable cantidade de láminas e gravados.[1][2] Os seus fundadores foron José Gaspar Maristany e Fernando Roig.[3] El Museo Universal foi herdeira de Semanario Pintoresco Español,[1] cuxa publicación finalizou precisamente en 1857, e, á súa vez, unha especie de xerme da revista La Ilustración Española y Americana, fundada en 1869.[4][a]

O seu principal director foi o xornalista Nemesio Fernández Cuesta y Picatoste,[6] do que Cecilio Alonso afirma que levou á revista a cruzar límites de «intencionalidade política» por encima do que se consideraba normal nunha revista ilustrada de arte, literatura e ciencia.[7] A partir de 1865 a revista tivo un importante colaborador en Gustavo Adolfo Bécquer.[8] Nela publicou tamén Manuel Murguía. Entre os artistas gráficos, contou con achegas de Valeriano Domínguez Bécquer,[b] Bernardo Rico,[9] Enrique Laporta,[11] Francisco Laporta,[9] Daniel Urrabieta,[c] Francisco Ortego,[6] Carlos Ribeira,[d] Federico Ruiz,[6] Tomás Carlos Capuz[13] ou Joaquín Sierra y Ponzano,[14] entre outros.

En palabras de Charnon-Deutsch, a aparición da revista —xunto ao da súa sucesora, La Ilustración Española y Americana— supuxo o que «España vise por fin "unha revista española ilustrada que combinase noticias do día a día cunha visión monumental do seu pasado nacional"»[15] e segundo Trancón Lagunas formaría xunto a Semanario Pintoresco Español e o Museo de las Familias «a triloxía de revistas máis importantes do século [en España] até a revolución do 68».[16]

  1. É importante sinalar que esta segunda celebrou o seu vixésimo quinto aniversario en 1882, malia ser fundada en 1869, estando xa que logo relacionada a celebración co ano en que apareceu El Museo Universal, 1857; ao período de publicación de El Museo Universal foi sumada a traxectoria da nova revista, o que deixa clara a gran relación entre ambas publicacións.[4] El Museo Universal foi de feito adquirida polo propietario de La Ilustración Española y Americana, Abelardo de Carlos.[5]
  2. Esta colaboración é citada por Márquez,[9] ao parecer asinaba con frecuencia coas súas iniciais: «V. B.».[10]
  3. Aínda que Márquez cita a Daniel Urrabieta,[9] é posible que se tratase do seu pai, Vicente Urrabieta, pois o primeiro naceu en 1851, asinaba como «Vierge» e non con «Urrabieta» e segundo a bibliografía consultada non trabalou apenas para publicaciós en España antes de marchar a Francia cara a 1869-1870.
  4. Cecilio Alonso cita a «Carlos Ribera».[6] Na Galería biográfica de artistas españoles del siglo XIX de Manuel Ossorio y Bernard, de 1868, só aparecen dous artistas co apelido «Ribera»: Carlos Luis de Ribera y Fieve e Juan Antonio Ribera, ambos pintores,[12] polo que é posible que Alonso faga referencia ao primeiro.
Referencias
  1. 1,0 1,1 Trancón Lagunas 1998, pp. 49-50.
  2. Riego 2001, p. 220.
  3. Riego 2001, p. 219.
  4. 4,0 4,1 Riego 2001, p. 158.
  5. Márquez 2005, pp. 190-191.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Alonso 2013, p. 56.
  7. Alonso 2013, p. 59.
  8. Navarro Martín, José Félix (30 de abril de 1957). "Gustavo Adolfo Bécquer y la Feria de Sevilla". ABC: 11. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 Márquez 2005, pp. 191.
  10. Rubio Jiménez 2006, p. 378. «A partir de 1865 fueron relativamente frecuentes las viñetas firmadas con las iniciales de Valeriano Bécquer: "V. B." tanto en la revista como en el almanaque anual que repartía entre sus suscriptores El Museo Universal.».
  11. Ossorio y Bernard 1868, p. 352.
  12. Ossorio y Bernard 1868b, pp. 152-162.
  13. Ossorio y Bernard 1868, p. 118.
  14. Ossorio y Bernard 1868b, p. 222.
  15. Charnon-Deutsch 2008, p. 85.
  16. Trancón Lagunas 2000, p. 66.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar