Distrito electoral de Ortigueira
O Distrito electoral de Ortigueira foi unha demarcación electoral vixente dende 1847 ata 1923 con dúas interrupcións de 1853 a 1857, e de 1865 a 1871. Elixíase un deputado no Congreso dos Deputados de España. Estaba formado polos concellos de Ortigueira, que naqueles tempos abranguía as parroquias do actual concello de Cariño, Cerdido e Mañón.
Lista dos deputados electos polo distrito de Ortigueira
editarNome | Data de posesión[1] | Data de cesamento[2] |
---|---|---|
Juan José Viñas Balduvieco | 5 de xaneiro de 1847 | 2 de decembro de 1852 |
José Salamanca Mayol | 16 de marzo de 1853 | 10 de decembro de 1853 |
Incluído no distrito da Coruña (1854-1856)[3] | ||
Manuel Mendoza Mayol | 6 de maio de 1857 | 13 de maio de 1858 |
José Vicente Rivero Zapico | 9 de decembro de 1858 | 23 de xuño de 1864 |
Manuel Mendoza Mayol | 1864 | 1865 |
Incluído no distrito da Coruña (1866-1870)[4] | ||
Gaspar Rodríguez Rodríguez | 22 de abril de 1871 | 24 de xaneiro de 1872 |
Leandro Pita Lamas | 4 de maio de 1872 | 28 de xuño de 1872 |
Gaspar Rodríguez Rodríguez | 19 de setembro de 1872 | 22 de marzo de 1873 |
Cándido Regueira Martínez | 6 de xuño de 1873 | 8 de xaneiro de 1874 |
Daniel Carballo Cousido | 18 de febreiro de 1876 | 25 de xuño de 1881 |
Vicente Donato Villarnovo López | 1 de setembro de 1881 | 31 de marzo de 1884 |
Domingo Caramés García | 5 de xullo de 1884 | 8 de marzo de 1886 |
Vicente Donato Villarnovo López | 14 de abril de 1886 | 29 de decembro de 1890 |
Juan Fernández Latorre | 24 de febreiro de 1891 | 1 de xullo de 1895 |
Pedro Calderón de la Barca Ceruelo | 27 de abril de 1896 | 26 de febreiro de 1898 |
Juan Fernández Latorre | 4 de abril de 1898 | 2 de outubro de 1910 |
Alonso Gullón García Prieto | 17 de xaneiro de 1911 | 16 de marzo de 1916 |
José Sánchez Anido | 10 de abril de 1916 | 10 de xaneiro de 1918 |
Alonso Gullón García Prieto | 2 de marzo de 1918 | 28 de xullo de 1919 |
Carlos Albert Despujol | 31 de decembro de 1920 | 15 de setembro de 1923 |
Notas
editar- ↑ Data da primeira toma de posesión cando se encadean varios mandatos consecutivos
- ↑ Data do último cesamento cando se encadean varios mandatos consecutivos
- ↑ A provincia da Coruña formaba unha única circunscrición electoral
- ↑ Na provincia da Coruña había dous distritos electorais: A Coruña e Santiago de Compostela, con seis deputados cada un
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Arquivo histórico de Deputados Arquivado 31 de outubro de 2020 en Wayback Machine. na web do Congreso dos Deputados.