Juan Sánchez Anido

avogado e politico galego

Juan José Ramón Sánchez Anido, nado en Santiago de Compostela o 16 de maio de 1872 e finado en Madrid o 17 de abril de 1948,[1] foi un avogado e político galego.

Modelo:BiografíaJuan Sánchez Anido

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de maio de 1872 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte17 de abril de 1948 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Gobernador civil da provincia de Valencia
26 de novembro de 1917 – 9 de xaneiro de 1919
← Juan Tejón y Marín (pt) TraducirBernardo Rengifo y Tercero →
Gobernador civil da provincia de Barcelona
27 de maio de 1917 – 16 de xuño de 1917
← José Morote y Greus (en) TraducirLeopoldo Matos y Massieu →
Gobernador civil da provincia de Cádiz
1915 – 28 de maio de 1917 – Juan de Urquía y Redecilla (pt) Traducir →
Gobernador civil da provincia de Barcelona
5 de outubro de 1912 – 20 de xuño de 1913
← Manuel Portela ValladaresJosé Francos Rodríguez →
Alcalde da Coruña
novembro de 1909 – xaneiro de 1910
← Javier Ozores PedrosaJosé Folla Yordi →
Alcalde da Coruña
xaneiro de 1906 – 1 de xuño de 1909
← Francisco Mariño GarcíaJavier Ozores Pedrosa → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsJosé Sánchez Anido Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Descendente de Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, dunha familia fidalga do Pazo de Santaia (Curtis) e irmán de José Sánchez Anido. Militante do Partido Liberal (facción prietista). Participou na ratificación do plan do ensanche coruñés de 1883. Foi elixido concelleiro da Coruña en novembro de 1905,[2] e nomeado alcalde da Coruña por Real orde a finais de decembro dese ano, permanecendo no cargo até xuño de 1909. Volveu ser nomeado alcalde en novembro de 1909, cesando en xaneiro de 1910. Foi gobernador civil de Barcelona (1912-1913), Cádiz (1915-1917), novamente Barcelona (1917) e Valencia (1917-1919).


Predecesor:
Francisco Mariño García
  
Alcalde da Coruña
 
1906 - 1909
Sucesor:
Javier Ozores Pedrosa
Predecesor:
Javier Ozores Pedrosa
  
Alcalde da Coruña
 
1909 - 1910
Sucesor:
José Folla Yordi

Recoñecementos

editar

Foi nomeado fillo adoptivo da Coruña en 1910.

Vida persoal

editar

Casou na Coruña con Carmen Gastón Enríquez, filla de Manuel Gastón Valdés, en xullo de 1901.[3]

  1. La Noche, 27-4-1948, p. 2.
  2. El Noroeste, 14-11-1905, p. 2.
  3. El Diario de Pontevedra, 11-7-1901, p. 3.