Javier Ozores Pedrosa
Francisco Javier Ozores Pedrosa, nado en Santiago de Compostela en 1878 e finado en Vigo o 15 de agosto 1961[1], foi un escritor e político galego.
Javier Ozores Pedrosa | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1878 |
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela |
Falecemento | 15 de agosto de 1961 |
Lugar de falecemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor e político |
Pai | Javier Ozores Losada |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Fillo de Javier Ozores Losada, conde de Priegue. Estudou no Colexio dos xesuítas de Camposancos entre 1889 e 1895. Colaborou en El Progreso e foi redactor de El Eco de Galicia. Foi secretario da Cámara da Propiedade urbana da Coruña. Membro do Padroado Católico e identificado co maurismo, foi elixido concelleiro pola Liga Católica en maio de 1909, foi nomeado alcalde da Coruña a finais de xuño, pero dimitiu a finais de outubro do mesmo ano. Volveu ser nomeado alcalde en decembro de 1913, e dimitiu en outubro de 1915. Instalouse no Pazo da Pastora de Vigo. En 1920 fundou a Asociación de antigos alumnos do Colexio de Camposancos, da que foi elixido primeiro Presidente. Foi gobernador civil da provincia de Huelva (1919)[2]. Destacou como investigador e escritor sobre pazos galegos. En 1935 foi elixido presidente do grupo local do Bloque Nacional de Vigo[3].
Predecesor: Juan Sánchez Anido |
Alcalde da Coruña 1909 |
Sucesor: Juan Sánchez Anido |
Predecesor: José Folla Yordi |
Alcalde da Coruña 1913 - 1915 |
Sucesor: Manuel María Puga y Parga |
Obras Editar
- Los pazos gallegos, 1927 (con José Cao Moure e o Marqués de Quintanar).
Vida persoal Editar
Foi pai de Ruy, Cristina e Pastora Ozores Ochoa.
Notas Editar
- ↑ La Voz de Galicia, 29-8-1961, p. 6.
- ↑ El Orzán, 20-4-1919, p.1.
- ↑ Noticia en ABC, 4-7-1935, p. 9