El Día (A Coruña)

El Día foi un periódico editado na Coruña en 1933.

El Día
LocalidadeA Coruña
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Orientado por membros do Partido Republicano Gallego,[1] apareceu o 1 de febreiro de 1933,[2] e pronto se converteu en órgano do Partido Republicano Gallego. Dirixido por Victoriano Fernández Asís, pretendeuse que fose continuador de El Orzán e entre os seus colaboradores figurou Sebastián Naya e outros redactores de El Orzán. Cesou a súa publicación por dificultades económicas o 5 de setembro de 1933.[3]

Notas editar

  1. El País, 3-2-1933, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 27-1-1933, p. 1.
  3. El Compostelano, 6-9-1933, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar