José Pan de Soraluce

avogado, político e diplomático galego

José Pan de Soraluce Español, nado na Coruña o 14 de maio de 1875 e finado en Madrid o 19 de marzo de 1948, foi un avogado, político e diplomático galego.

José Pan de Soraluce
Nacemento14 de maio de 1875
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento19 de marzo de 1948
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado, político, diplomático e xornalista
PremiosGran Cruz da Orde Civil do Mérito Agrícola
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Despois de finalizar os estudos diplomáticos desempeñou en París os cargos de vicecónsul e cónsul. Escribiu crónicas xornalísticas que se publicaron no xornal coruñés El Noroeste baixo o pseudónimo de "Micromegas". Regresou á Coruña, foi deputado provincial e despois da dimisión de Casimiro Torre Sánchez-Somoza elixírono presidente da Deputación da Coruña o 2 de decembro de 1913. Dirixiu El Orzán e foi elixido deputado en Cortes (1918-1919), e despois senador pola provincia da Coruña (1921-1922). En 1930 nomeárono subsecretario do Ministerio de Economía Nacional. Despois da súa actividade política, volveu á carreira diplomática e foi destinado a embaixadas de diversos países.

Trala guerra civil foi conselleiro do Ministerio de Industria e xefe da sección europea da Dirección Xeral de Política do Ministerio de Asuntos Exteriores.


Predecesor:
Casimiro Torre Sánchez-Somoza
  
Presidente da deputación da Coruña
 
1913 - 1915
Sucesor:
Saturnino Aller Rodríguez

ObrasEditar

  • La ciudad encantada, 1908.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar