Labor Gallega (A Habana)

Labor Gallega foi unha revista editada na Habana entre 1913 e 1917.

Labor Gallega
PaísEspaña
LugarA Habana
Lingualingua castelá e lingua galega
Fundación1913
Na rede
Galiciana: 7703
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Subtitulada Ilustración mensual, apareceu en decembro de 1913. Tivo como precedente a Pro-Galicia. Revista ilustrada de periodicidade variable, estaba dirixida por Juan Vicente Martínez Quelle, e foi voceiro das sociedades galegas de instrución en América. De tendencia anticaciquil, estivo próxima a Acción Gallega. Entre os seus colaboradores estaban: Ramón Cabanillas, Enrique Zas, Severino T. Solloso, Manuel Gondell Linares, José María Calveiro, Senén Rendueles, Enrique Rivera Suárez, Juan Rivero, Juan Beltrán, Antonio Freire Montero e Abdón Rodríguez Santos. Incluíu temas culturais e pedagóxicos, poesías e narracións, relatos de viaxes e notas de carácter histórico. A partir de maio de 1916 pasou a denominarse Labor Gallega en Cuba. Cesou a súa edición en febreiro de 1917.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar