Antonio Freire Montero
xornalista español
Antonio Freire Montero, nado nas Somozas en 1895 e finado na Habana o 25 de agosto de 1952, foi un escritor e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1895 As Somozas, España |
Morte | 25 de agosto de 1952 (56/57 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Traxectoria
editarChegou a Cuba a principios do século XX. Foi presidente da Sociedade La Aurora de Somozas (1916-1920) e do Comité das Sociedades Gallegas de Instrucción. Traballou nos Ferrocarriles Unidos de La Habana. Colaborou en Páginas, Vanguardia Socialista, Labor Gallega, Cultura Gallega, Cultura Hispánica e Defensa Social. Escribiu o prólogo da comedia Sublime rebeldía de Eduardo Agüero Vives.
Obras
editar- Historia social. La Aurora de Somozas, 1935.
- Tríptico literario, 1939.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Domingo Cuadriello, Jorge (2002). Los españoles en las letras cubanas durante el siglo XX. Diccionario Bio-Bibliográfico. Sevilla: Renacimiento. p. 74. ISBN 84-8472-069-1. Consultado o 8 de marzo de 2014.