José María Calveiro
José María Calveiro Couto, nado en Dornelas (Silleda) en 1891, foi un xornalista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1891 Dornelas, España |
Morte | século XX |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Familia | |
Irmáns | Adolfo Víctor Calveiro |
Traxectoria
editarIrmán de Adolfo Víctor Calveiro, viviu na súa xuventude en Madrid unha existencia bohemia, e naqueles anos fixo amizade con Emilio Carrere e colaborou con Baltasar Pagés na revista España Nueva. Emigrou a Cuba e residiu na Habana entre 1906 e 1932, exercendo diversos oficios como os de xastre e reloxeiro. Foi membro da Agrupación Artística Gallega.[1] Colaborou en Labor Gallega, onde publicou algúns poemas, e tamén en Alma Gallega, Heraldo de Galicia, Diario de la Marina e Eco de Galicia. Foi correspondente do Diario Español na vila de Caimito (Cuba) e xefe de redaccción de Juvencia,[2] así como director de Atenea. En 1925 publicou o poemario Jardines de ensueño. Foi un dos fundadores da Irmandade Nazonalista Galega da Habana.
En 1932 retornou á súa parroquia natal, Dornelas, aínda que en 1934 residía en Madrid, pero dende aquel ano non se volveu saber máis del.
Obras
editar- Jardines de ensueño, 1925.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Domingo Cuadriello, Jorge (2002). Los españoles en las letras cubanas durante el siglo XX. Diccionario Bio-Bibliográfico. Sevilla: Renacimiento. p. 46. ISBN 84-8472-069-1. Consultado o 3 de xuñoo de 2020.