Dornelas, Silleda

parroquia civil do concello de Silleda

San Martiño de Dornelas é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 144 habitantes (77 mulleres e 67 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 179 habitantes.

Dornelas
Igrexa de San Martiño de Dornelas.
ConcelloSilleda[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°45′20″N 8°20′16″O / 42.75552224, -8.33766789Coordenadas: 42°45′20″N 8°20′16″O / 42.75552224, -8.33766789
Poboación141 hab. (2019)
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Xunto coa parroquia de Cira dependeu sempre da arquidiocese de Santiago de Compostela. Por Dornelas atravesa a vía da Prata cara a Santiago de Compostela.

Desta parroquia eran naturais os irmáns Adolfo e José María Calveiro Couto.

Patrimonio editar

A igrexa de San Martiño de Dornelas é románica. É singular a ábsida semicircular que se considera distinta do románico compostelán. Na súa construción traballaron canteiros formados no taller do mestre Mateu, que dirixía naquela época as obras da catedral.

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Dornelas editar

Lugares da parroquia de Dornelas no concello de Silleda (Pontevedra)

Augacai | Bascuas | Dornelas | Marcón | O Portiño | Romanín | Rosedo | A Zanca

Parroquias de Silleda editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Silleda

Abades (Santa María) | Ansemil (San Pedro) | Breixa (Santiago) | Carboeiro (Santa María) | O Castro (San Mamede) | Cervaña (San Salvador) | Chapa (San Cibrao) | Cira (Santa Baia) | Cortegada (Santa María) | Dornelas (San Martiño) | Escuadro (San Salvador) | Fiestras (San Martiño) | Graba (Santa María) | Lamela (San Miguel) | Laro (San Salvador) | Manduas (San Tirso) | Margaride (San Fiz) | Martixe (San Cristovo) | Moalde (San Mamede) | Negreiros (San Martiño) | Oleiros (San Miguel) | Parada (San Tomé) | Pazos (San Martiño) | Piñeiro (San Xiao) | Ponte (San Miguel) | Refoxos (San Paio) | Rellas (San Martiño) | Saídres (San Xoán) | Siador (San Miguel) | Silleda (Santa Baia) | Taboada (Santiago) | Vilar (San Martiño) | Xestoso (Santa María)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar