Abrir o menú principal

San Mamede de Moalde é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE en 2011 tiña 192 habitantes (102 mulleres e 90 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 267 habitantes.

Moalde
Igrexa de San Mamede de Moalde, Silleda.JPG
Igrexa de San Mamede de Moalde.
ConcelloSilleda
Poboación192 hab. (2011)
Entidades de poboación13

Historia e patrimonioEditar

Os primeiros vestixios de poboamentos en Moalde atópanse no lugar de Eirexe, onde hai un castro con máis de dous mil anos. A igrexa de San Mamede de Moalde, edificada en 1829, ten fachada neoclásica e unha torre-campanario de máis de vinte metros de altura, das máis altas da comarca. Nas proximidades desta, atópanse un cruceiro do século XVII e a capela de San Xosé.

Destaca tamén o monte de San Sebastián de Meda, cunha ermida dedicada a este santo e desde onde se ten unha gran panorámica do val de Trasdeza, podendo verse o Pico Sacro e o monte Faro.Recibe tamén o nome de Miradoiro da Rocha.

Nesta parroquia naceu o sindicalista Adrián Troitiño.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar