Abrir o menú principal

Negreiros, Silleda

San Martiño de Negreiros é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 203 habitantes (103 homes e 100 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 212 habitantes.

Negreiros
Iglesia de San Martiño de Negreiros.jpg
Igrexa de San Martiño de Negreiros.
ConcelloSilleda
Poboación203 hab. (2001)
Entidades de poboación10

Historia e patrimonioEditar

Esta parroquia xa aparece citada nun documento do ano 878. Da igrexa parroquial destaca o campanario, así como o seu interior, que conserva elementos do románico.

Destaca tamén a chamada casa de don Darío, que debe o seu nome ao médico Darío López. Conta cunha capela, que tras o paso da vía do ferrocarril Santiago-Ourense, quedou separada do resto do complexo, polo cal lles foi construído un paso elevado para comunicar ambas partes. Outro elemento do patrimonio esta parroquia é a Ponte da Pedra, construción medieval situada sobre o río Toxa, que baña Negreiros, e por onde cruza cara a veciña parroquia de Chapa, seguindo o trazado da Vía da Prata.

Nesta parroquia naceu José Fernández Viéitez, alcalde de Silleda polo PP entre 1999 e 2007.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar