Río Toxa
O río Toxa é un afluente do río Deza. Transcorre de sur a norte. Nace na fronteira dos concellos de Forcarei e Silleda (Pontevedra) e descorre pola parroquia silledense de Graba entre outras moitas.
Río Toxa | |
---|---|
![]() Fervenzas do río Toxa | |
País | ![]() ![]() |
Nacemento | Forcarei |
Lonxitude | 17 km |
Caudal medio | m³/s |
Desembocadura | Río Deza |
Curso Editar
Durante os primeiros quilómetros o río discorre encaixado entre altos montes que superan en moitas veces os 700 msnm polo leste e os 600 msnm, na parte occidental, para axiña baixar ás terras chás das parroquias Fiestras, Rellas ou Chapa entre outros lugares. Por estas terras o río discorre manso para logo salvar o desnivel das fervenza do Toxa en Pazos, de gran beleza e valor paisaxístico, e morrer metros abaixo no leito do río Deza. Neste río é posible a pesca deportiva sobre todo de troitas. O río dá lugar a un val denominado val do Toxa.
Galería de imaxes Editar
- Artigo principal: Galería de imaxes do río Toxa.
-
Río Toxa pouco antes de Pazos.
-
Río Toxa ao seu paso por Graba.
-
Fervenza no mes de outubro Pazos, Silleda.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Toxa |