Chapa, Silleda
San Cibrao de Chapa é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 159 habitantes (73 mulleres e 86 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 171 habitantes.
Chapa | |
---|---|
Igrexa de San Cibrao de Chapa. | |
Concello | Silleda[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°43′24″N 8°18′28″O / 42.7232684, -8.3079135 |
Poboación | 126 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nesta parroquia conflúen as estradas N-525 (Ourense-Santiago de Compostela) e N-640 (Lugo-Vilagarcía de Arousa). Amais está atravesada pola autoestrada AP-53.
Historia e patrimonio
editarNesta parroquia existiu un hospital de peregrinos, dedicado a Nosa Señora da Consolación, así como un castelo, que foi destruído en 1320. Á parte da igrexa de San Cibrao, do século XVII, destaca a capela de San Brais, construída no século XVIII. Foi capital e deu nome ao concello entre 1835 e 1853, cando cambiou esta condición por Silleda.
Nesta parroquia naceu en 1901 o pintor Manuel Colmeiro Guimarás.
Galería de imaxes
editar-
Igrexa de San Cibrao de Chapa.
-
Capela de San Brais.
Lugares e parroquias
editarLugares de Chapa
editarLugares da parroquia de Chapa no concello de Silleda (Pontevedra) | |
---|---|