Silleda, Silleda
Santa Baia de Silleda é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. No ano 2008 tiña 3.124 habitantes o que significa que en menos de 10 anos gañou máis de 1000 veciños. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 2.212 habitantes (1.132 mulleres e 1.080 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.041 habitantes.
Silleda | |
---|---|
Igrexa de Silleda | |
Concello | Silleda[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°41′51″N 8°14′47″O / 42.69737772, -8.24652465 |
Poboación | 3.219 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 11[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarNunha doazón do bispo de Lugo Pelaio no ano 998 aparece a igrexa parroquial nomeada como Exilieta, nome co que tamén aparece no testamento de Teresa Sánchez de Gres no ano 1395.
En 1853, trasládase a capital do concello dende Chapa á vila de Silleda, tomando tamén esta denominación o municipio. Nela tamén se celebraba unha feira os días 6 e 23 de cada mes, feito que deu lugar ao actual recinto da Feira Internacional de Galicia.
Convén destacar que nesta parroquia naceron o antropólogo José María Blanco Gerpe, o médico José María Fernández Colmeiro, a actriz Marisa Soto e o escultor e pintor Fernando Rodríguez García.
Patrimonio e cultura
editarDestaca a igrexa parroquial, baixo a advocación de Santa Baia. No lugar de Trasfontao, atopamos o Pazo de Trasfontao, construción do século XVIII, e nas proximidades do lugar de Toiriz sobresae o Castro de Toiriz, tamén coñecido como Eira dos Mouros. Na vila de Silleda, destacan as casas de Tábora ou 'da Confeitaría' e a de Fuentes, entre outras.
Nesta parroquia ten a súa sede a Banda Municipal de Silleda, fundada na segunda metade do século XIX e que conta cun grande prestixio no panorama musical actual.
No mes de xullo ten lugar a Festa do Lacón, que marca o inicio das festas de verán desta parroquia.
Lugares e parroquias
editarLugares de Silleda
editarLugares da parroquia de Silleda no concello de Silleda (Pontevedra) | |
---|---|
Casas do Monte | Costoia | Fonteboa | O Foxo | A Mera | Mourelos | Outeiro | Silleda | Toiriz | Toxa | Trasfontao |