Abrir o menú principal

Escuadro, Silleda

San Salvador de Escuadro é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 487 habitantes, distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 2007 cando tiña 506 habitantes. É a parroquia rural máis poboada de Silleda, se ben sufriu unha gran perda demográficas durante o século XX, pois en 1930 tiña 1.030 habitantes.

Escuadro
Porta da igrexa de San Salvador de Escuadro.jpg
Igrexa de San Salvador de Escuadro
ConcelloSilleda
Poboación487 hab. (2011)
Entidades de poboación19

PatrimonioEditar

Dispón dunha fervenza, a Fervenza de Férveda, unha igrexa románica e unha casa señorial do século XVIII coñecida como Pazo de Cascaxide, que conta cun bosque declarado espazo protexido. Tamén é famosa a Pena de Auga, que amorea auga de chuvia no seu interior e que segundo a tradición cura as enfermidades da pel e dos ollos. Neste lugar da Penadauga, celebrouse no seu momento unha feira mensual.

FestasEditar

Celebra as súas festas patronais repartidas ao longo do ano. O terceiro sábado do mes de marzo celébrase o San Marcos, o 2 de xullo e o domingo seguinte venérase á Santa Isabel. O 6 de agosto e o 7 de agosto celébranse as festas do verán na honra ao San Salvador, patrón da parroquia.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar