Igrexa de San Salvador de Escuadro
construción relixiosa en Escuadro, Silleda
A igrexa de San Salvador de Escuadro é a igrexa parroquial de Escuadro, no concello pontevedrés de Silleda.
Igrexa de San Salvador de Escuadro | ||||
---|---|---|---|---|
Escuadro ![]() | ||||
![]() | ||||
Tipo | igrexa ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Diocese | diocese de Lugo ![]() | |||
Dedicado a | San Salvador ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Situado en | Escuadro ![]() | |||
Fontes e ligazóns | ||||
Redes | ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Descrición
editarConserva a portada da fábrica románica, do século XII, formada por dous pares de columnas que sosteñen as arquivoltas. Destacan ademais os seus capiteis, así como a torre do campanario. Accédese ao adro desde unha estrada local, situada a menor altura, mediante dúas escaleiras. Foi ampliada no século XVIII para acoller aos fieis e devotos de Santa Isabel, romaría que se celebra o día 2 de xullo e o domingo seguinte.