Cira, Silleda
Santa Baia de Cira é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda na comarca do Deza. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 241 habitantes (113 mulleres e 128 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 312 habitantes.
Cira | |
---|---|
A Torre de Cira | |
Concello | Silleda[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°46′28″N 8°21′00″O / 42.77441462, -8.35002073Coordenadas: 42°46′28″N 8°21′00″O / 42.77441462, -8.35002073 |
Poboación | 217 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 14[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e patrimonio
editarConstituíu unha xurisdición na que se atopaban, ademais dela, as parroquias de Dornelas e Lamela, en Silleda, e as de Añobre, Bascuas e Gres en Vila de Cruces.
A veciña parroquia de Sucira (concello de Boqueixón) leva ese nome en relación a estoutra.
A Torre de Cira, restos do antigo castelo medieval fundado por Bernardo Suárez Deza no ano 1115, pasou a poder da raíña Dona Urraca e alí mantivo preso durante varios días ao arcebispo Diego Xelmírez no ano 1121. Destruído polos Irmandiños, reconstruíuno o conde de Altamira. Tan só queda en pé a torre da homenaxe datada no século XV. Tamén destaca o Pazo de Paizás e a igrexa parroquial.
Nesta parroquia formouse a Banda de música de Cira, en activo entre 1850 e 1971.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Cira, Silleda.
-
Pazo de Paizás
-
Igrexa de Cira
Lugares e parroquias
editarLugares de Cira
editarLugares da parroquia de Cira no concello de Silleda (Pontevedra) | |
---|---|
Altamira | A Braña | O Candao | A Carballeira | A Cruz | Os Currás | O Curro | Fucarelos | A Lameira | Rendo | Santa Baia | Sobrado | Vilacalva | Vilar |