Laro, Silleda
San Salvador de Laro é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 365 habitantes, distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2002 cando tiña 362 habitantes.
Laro | |
---|---|
Igrexa de San Salvador de Laro. | |
Concello | Silleda[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°37′49″N 8°13′20″O / 42.63040225, -8.22216135Coordenadas: 42°37′49″N 8°13′20″O / 42.63040225, -8.22216135 |
Poboación | 257 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 13[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nesta parroquia naceu o político Pablo García.
PatrimonioEditar
Convén destacar, dentro do patrimonio desta parroquia, o Cruceiro do Camiño, datado en 1171; a igrexa de San Salvador, do século XIX; a capela do Pereiro e os petróglifos da Pena das Cazolas.
Nesta parroquia celébrase todos os anos o venres do primeiro fin de semana de agosto a romaría da tortilla de Laro, que dá inicio ás festas patronais.
Galería de imaxesEditar
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de LaroEditar
Lugares da parroquia de Laro no concello de Silleda (Pontevedra) | |
---|---|
A Calvela | Forcas | Freixeiro | Galán | A Gandarela | Laro | Pelures | A Pereira | O Pereiro | Riobó | San Martiño | Sante | O Souto |