Torres de Altamira

As Torres de Altamira son as ruínas dun castelo medieval e que foi a casa matriz da familia dos Moscoso, poderosa familia que xogou un destacado papel na Idade Media en Galicia.

Torres de Altamira
ben de interese cultural
ConcelloBrión
ProvinciaA Coruña
Comunidade
autónoma
Galicia
Coordenadas42°52′39″N 8°41′15″O / 42.8775, -8.68755
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalgótico (século IX)
Estilo actualgótico (ruína)
Estado actualEn ruínas, visita libre
Véxase tamén
Castelos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

Situación

editar

O Castelo das Torres de Altamira sitúase no municipio de Brión, na provincia da Coruña. Estes vestixios son o monumento máis importante e significativo deste municipio. Declarado Ben de Interese Cultural.[1] Hoxe é propiedade da Deputación Provincial da Coruña.

Atópanse na aldea da Torre, na parroquia de Brión, rodeadas dunha magnífica paisaxe. Dende este lugar domínase coa ollada todo o Val da Amaía.

Historia

editar
 
Unha das torres.

As ruínas do castelo son o que queda do que se construíu no século IX sobre os restos dun antigo castro da antigüidade. Este sitio arqueolóxico adoita coñecerse co nome de castro de Altamira, sen que se coñezan con exactitude as súas dimensións ou características. A fortificación do século IX mantívose ata o ano 1073, ano no que foi arrasada por Gonzalo de Moscoso, fillo dun tal Beremundo, castelo do que non se saben cales eran as súas dimensións, nin as dependencias coas que contaba. Despois disto a súa reconstrución viuse dificultada pola prohibición ordenada polo rei Fernando II en 1180 de construír novas fortalezas na “Terra de Santiago” sen autorización expresa do arcebispo de Compostela. Pertenceu á familia dos Moscoso dende o o século XV en diante.

Foi de novo arruinado polos Irmandiños no século XV (1431 - 1469), durante a revolta e reedificado en 1471. Curiosamente, as novas murallas xa foron adaptadas para resistir o impacto da pólvora. Posteriormente foi asediada no ano 1471, polas tropas do arcebispo de Santiago, baixo o mando do seu irmán Luis de Acevedo, sen moita sorte. Dende 1480 habitou o castelo o I Conde de Altamira Lope Sánchez de Ulloa e Moscoso. Pola súa posesión librouse a Batalla de Altamira.

 
Vista xeral.

As obras de mellora e ampliación continuaron durante o goberno do II conde de Altamira: Rodrigo Osorio de Moscoso, chegando a contar con seis torres, ademais dun cómodo pazo. Anos despois, en 1594, o V conde de Altamira: Lope de Moscoso Osorio, ordenou construír no recinto unha capela baixo a advocación dos Reis Magos.

As seguintes obras documentadas deberonse a que a fortaleza estaba en mal estado, asinando un contrato de obra co mestre canteiro Bieito Vidal, o 29 de marzo de 1629.

Proceso de ruína

editar

A partir do século XVII os condes deixaron de habitar o castelo e ocuparon o Pazo de Trasouteiro, a pouco máis dun quilómetro das torres, trasladándose con posterioridade á corte. Todo indica que no século XVIII sufriu un incendio, que afectou sobre todo ó pazo, favorecendo o seu abandono. A partir deste momento comezou o seu proceso de ruína, sendo a finais do século XIX cando máis foi usado como canteira para numerosas construcións.

 
As Torres no n.º 1 de El Recreo Compostelano, 1842.
 
Unha das torres.

No ano 1872, un dos herdeiros da casa de Altamira vendeu as torres, xa arruínadas. Un dos compradores, un rico campesiño que estivera en América, construíu unha casa coas propias pedras da fortaleza. Outro aproveitou a capela dos Reis Magos para construír un rocho. Tamén se aproveitaron os perpiaños na construción da capela de Santa Minia e, cando pasou a mans do arcebispado, desfíxose tamén a torre da homenaxe para as obras da igrexa parroquial de Brión.

En 1917 aínda se seguía sacando pedra da fortaleza, ata que en 1973 as ruínas foron adquiridas pola Deputación Provincial da Coruña, que emprendeu as obras de limpeza e consolidación do pouco que queda da que foi, segundo opinión de Ángel del Castillo, unha das mellores fortalezas de Galicia dos últimos anos do século XV.

Descrición e características

editar

O castelo tiña seis torres rectangulares, unha muralla rodeando un suntuoso palacio, e a capela dos Reis Magos, onde eran enterrados os donos en opulentos panteóns, todos eles incluídos nun recinto de planta poligonal.

Trás tódolos expolios sufridos, só quedan restos de muralla e o arranque dunha torre de bos perpiaños. Tamén poder apreciarse algunhas fiestras con arcos apuntados e conopiais pertencentes a reedificación de 1471, tralo asedio irmandiño.

Estado de conservación

editar

En ruínas. Foi parcialmente restaurado no ano 1973.

Galería de imaxes

editar
  1. "Relación de Bens de Interese Cultural de Galicia" Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Secretaría Xeral de Cultura… Xunta de Galicia, 1/10/2012.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar