Castro de Altamira, Brión

poboado fortificado en Brión

Coordenadas: 42°52′39″N 8°41′16″O / 42.877377777778, -8.6877277777778

O castro de Altamira é un castro situado na parroquia de Brión, no concello coruñés de Brión. Este foi o lugar no que logo se construíron as Torres de Altamira.

Castro de Altamira, Brión
ParroquiaBrión
ConcelloBrión
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA15013002
Cronoloxía
Extensión estimada? ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

Morfoloxía editar

Consta dun recinto fortificado no que é moi difícil afirmar con seguridade cales das estruturas visibles son da Idade de Ferro, dadas as modificacións realizadas en época posterior. Na Idade Media foi erguida sobre a súa croa unha fortaleza da que hoxe quedan as ruínas, reutilizando parte das defensas castrexas: esta fortaleza recibe habitualmente o nome de Torres de Altamira. No flanco norte consérvase parte dos antigos parapetos defensivos, no lugar no que foi aberto un camiño para dar acceso ao recinto.

A súa localización ten lugar sobre un couto elevado que ten boas condicións naturais defensivas. Dous regatos rodean o recinto.

 
Imaxe do camiño de acceso entre as defensas do castro

Arqueoloxía editar

Non se ten noticia de que se teñan realizado campañas arqueolóxicas.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar