Brión, Brión

parroquia civil do concello de Brión

San Fins de Brión[1] é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2018 tiña 1.519 habitantes (765 mulleres e 754 homes), distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.182 habitantes.

Brión
Capela de Santa Minia
ConcelloBrión[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°51′58″N 8°40′43″O / 42.8662, -8.6785
Área8,7 km²
Poboación1.519 hab. (2018)
Densidade174,6 hab./km²
Entidades de poboación20[1]
editar datos en Wikidata ]

Dentro desta parroquia está o lugar de Pedrouzos, que ostenta a capitalidade municipal.

Historia

editar

En Brión está o castro de Lamiño, que segundo a lenda foi construído polos mouros, cunha trabe de ouro que chega ata as Torres de Altamira e onde na noite de San Xoán se pode ver unha moza e unha galiña con pitiños de ouro. Sobre o castro de Altamira construíron a fortaleza do mesmo nome.

No século IX a familia Moscoso construíu a Fortaleza de Altamira, que chegou a ter seis torres ademais dun cómodo pazo. Pouco a pouco foi perdendo importancia, utilizándose as súas pedras noutras construcións. Hoxe só quedan algúns restos do que foi a fortaleza.

Patrimonio

editar
  • Igrexa de San Fins de Brión (século XVIII)
  • O santuario de Santa Minia de Brión é un templo adicado á mártir romana Santa Minia. Celébrase a súa festividade cunha romaría cada 27 de setembro. En 1783 o papa Pío VII mandou extraer das catacumbas de Santa Inés os restos do corpo da mártir, compostos polos ósos e unha bóchega con sangue. Estes restos pasaron a estar custodiados polo bispo Bartolomé Menochio, o relixioso regaloullos a Juan Francisco Arieta o 8 de xuño de 1804, quen á súa vez llos deu dous meses despois ao comerciante gaditano Tomás de Anduaga. Este decidiu introducir os ósos da santa nunha figura de cera, e na lápida do lóculo, que incluía o texto XP MINIA IN SOMNO PACIS, mando gravar a frase "El cuerpo de esta Santa entró en mi casa el día 10 del mes de agosto del año del Señor de 1804 y se colocó en el oratorio en dicho día".
    Os restos foron venerados na súa capela familiar, e á súa morte legoullos a Lois Tobío Martínez, que traballara para el, e o galego recibiunos o 27 de outubro de 1847. Os restos chegaron a Lamiño, a súa aldea natal, o 1 de agosto de 1848. Tobío escribiulle a Rafael de Vélez, o arcebispo compostelán, para que autorizase na igrexa parroquial de San Fins o culto á santa, que deu comezo o 17 de novembro dese ano. Malia a oposición inicial do párroco e dun grupo de veciños temerosos de que Santa Minia substituíse o culto tradicional da parroquia, axiña comezaron as romarías. Tobío iniciou a construción dun santuario en Pedrouzos, recibindo a licenza arcebispal o 23 de xuño de 1849. En 1851 o arcebispado cedeulle dereitos de padroado sobre a capela e a décima parte dos ingresos obtidos da devoción popular. En 1868 as reliquias foron transladadas ao novo templo, aínda sen rematar. As obras seguiron adiante até mediados do século XX, se ben nunca se chegou a rematar o proxecto orixinal. Parte das pedras utilizadas foron tomadas dos restos das Torres de Altamira.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Brión

editar
Lugares da parroquia de Brión no concello de Brión (A Coruña)

Aguiar | Boaventura | Boimil | Brans de Abaixo | Brans de Arriba | Brión de Arriba | Cabreiros | O Casal | O Enxo | Gronzo | Guldrís | A Igrexa | Lamiño | Liñares | Pedrouzos | Quintáns | O Rial | Riazoas | A Torre | Trasouteiro

Parroquias de Brión

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Brión

Os Ánxeles (Santa María) | Bastavales (San Xulián) | Boullón (San Miguel) | Brión (San Fins) | Cornanda (Santa María) | Luaña (San Xulián) | Ons (Santa María) | San Salvador de Bastavales (San Salvador) | Viceso (Santa María)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar