Cornanda, Brión

parroquia civil do concello de Brión

Santa María de Cornanda[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2018 tiña 182 habitantes (98 mulleres e 84 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 277 habitantes.

Cornanda
Igrexa parroquial de Santa María.
ConcelloBrión[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°50′47″N 8°47′41″O / 42.8464, -8.7947Coordenadas: 42°50′47″N 8°47′41″O / 42.8464, -8.7947
Área9,8 km²
Poboación182 hab. (2018)
Densidade18,57 hab./km²
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Na Idade Media Cornanda estaba comprendida na Terra de Luaña. Dende o século XII a parroquia estivo vinculada ao Mosteiro de Toxos Outos, aquí tiñan os frades unha granxa que logo deu nome á aldea da Graña.

En 1954 rematouse o encoro de Barrié de la Maza sobre o río Tambre, entre as aldeas da Graña e Vilariño.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Cornanda editar

Lugares da parroquia de Cornanda no concello de Brión (A Coruña)

Alfonsín | Busto de Frades | Cornanda | A Graña | Vilariño

Parroquias de Brión editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Brión

Os Ánxeles (Santa María) | Bastavales (San Xulián) | Boullón (San Miguel) | Brión (San Fins) | Cornanda (Santa María) | Luaña (San Xulián) | Ons (Santa María) | San Salvador de Bastavales (San Salvador) | Viceso (Santa María)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar