San Salvador de Bastavales, Brión

parroquia civil do concello de Brión

San Salvador de Bastavales é unha parroquia que se localiza no sueste do concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2018 tiña 239 habitantes (124 mulleres e 115 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 242 habitantes.

San Salvador de Bastavales
Igrexa de San Salvador de Bastavales.
ConcelloBrión[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°50′03″N 8°39′48″O / 42.8341, -8.6634
Área2,2 km²
Poboación239 hab. (2018)
Densidade108,64 hab./km²
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

No lugar de Cirro descubriuse na década de 1960 unha vila romana. Atopáronse restos do hypocaustum (forma de calefacción) con pavimentos de baldosas de barro vermellas e o comezo das pilastras de ladrillo cadrado.

No ano 1851 San Salvador de Bastavales deixou de existir como parroquia, sendo repartida entre San Xulián de Bastavales (os lugares de Soutullos e San Salvador) e Santa María dos Ánxeles (o resto dos lugares).

No ano 1908 xa existía o Centro Social, Agrícola e Pecuario de Bastavales. En 1933 constituíuse o Sindicato Republicano agrícola e pecuario de San Xulián e San Salvador de Bastavales, que tiña sede propia no lugar de Soutullos. O edifico foi restaurado recentemente polo concello.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de San Salvador de Bastavales

editar
Lugares da parroquia de San Salvador de Bastavales no concello de Brión (A Coruña)

Cirro | Gándara | Reboredo Pequeno | San Salvador | Soutullos

Parroquias de Brión

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Brión

Os Ánxeles (Santa María) | Bastavales (San Xulián) | Boullón (San Miguel) | Brión (San Fins) | Cornanda (Santa María) | Luaña (San Xulián) | Ons (Santa María) | San Salvador de Bastavales (San Salvador) | Viceso (Santa María)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar