Abrir o menú principal

Luaña, Brión

parroquia civil do concello de Brión

San Xulián de Luaña é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2013 tiña 439 habitantes (221 mulleres e 218 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 559 habitantes.

Luaña
Igrexa de San Xulián de Luaña, Brión.jpg
Igrexa de San Xulián de Luaña.
ConcelloBrión
Área11,6 km²
Poboación439 hab. (2013)
Densidade37,84 hab./km²
Entidades de poboación15

HistoriaEditar

Na Idade Media esta zona era coñecida como Terra de Luaña ou Couto de Luaña, terra montañosa en contraposición á chan da Amaía, ó estreito Valeirón (val que comeza en Urdilde e chega ata Rois) e á Noia mariña.

Luaña na cultura popularEditar

  • San Xulián da Luaña,
    feito de pau de sanguiño,
    ten máis forza no carallo
    que o meu porco no fuciño
    .

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar